spinner-avanza

Resumen de tarifas 2024

Billete ordinario
1,57 €
Billete PassVigo Normal
0,53€
Billete PassVigo Estudante
0,51€
Billete PassVigo Universitario
0,39€
Billete PassVigo Social
0,43€
Billete PassVigo Pensionista I
GRATUITO
Billete PassVigo Pensionista II
GRATUITO
Billete usuarios PMR en cadeira de rodas e acompañante
GRATUITO

Tódolos prezos inclúen IVE. En beneficio de todos, rógase importe exacto ó realizar pago en efectivo. A partir do 1 de marzo de 2023, a bonificación de tarifas PassVigo financiada polo Concello de Vigo aplícase a bonificación extraordinaria do 30% da tarifa financiada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana.

Tarxeta PassVigo

A tarxeta PassVigo é un documento identificativo que te permite acceder a diferentes servizos municipais e gozar de tarifas de transporte urbano bonificadas polo Concello de Vigo. Podes solicitala online comodamente desde calquera lugar en passvigo.vigo.org e chegará ao teu domicilio. Desde este portal poderás realizar tamén outros trámites relacionados coa túa tarxeta, como solicitar un duplicado, renovala ou consultar os teus movementos.

Tarjeta

Información sobre o transbordo

El transbordo permíteche combinar dúas liñas de transporte para chegar a calquera punto da cidade empregando o transporte urbano. Usando a tarxeta PassVigo como método de acceso ao autobús, o transbordo é totalmente de balde entre liñas de diferente numeración.

¿Como funciona?

Unha vez queda validada a primeira viaxe, dispós de 45 minutos para realizar 2 transbordos (como máximo) a outras liñas. Cando o transbordo realizase cunha das liñas lanzadeiras ao Campus Universitario (U1 e U2), o tempo será de 75 minutos.

O transbordo só é válido cando o cambio é de a unha liña de distinta numeración que a de orixe. No caso de facer 2 transbordos, as 3 liñas deben ser distintas. Por exemplo, pódese realizar transbordo entre a C1 e a C2, pero non entre a LA4 e L4C xa que teñen a mesma numeración.