spinner-avanza

Os autobuses urbanos de Vigo permiten ás mulleres que viaxan soas baixar entre paradas nos servizos nocturnos.

O servizo está dispoñible tódolos días do ano entre as 22:30 e 06:30 horas. Para empregalo, as mulleres que o precisen simplemente deben indicar ao condutor, con antelación, o punto onde desexan baixar.

Concello de Vigo e Vitrasa impulsan conxuntamente esta medida co fin de incrementar a seguridade para as mulleres que viaxan soas en traxectos nocturnos e contribuír na loita contra a violencia de xénero.

Responsive Image