spinner-avanza

Todos os autobuses que integran a frota son 100% accesibles, xa que dispoñen de sistemas de ramplas automáticas, plataforma baixa, barras de amarre en portas de acceso e sistema de inclinación de vehículo kneeling que garantizan o acceso universal de todos os usuarios á rede de transporte urbano de Vigo.

No interior dos autobuses, dispoñemos de zonas reservadas e acondicionadas para persoas con mobilidade reducida. As persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas convencional contan con acceso de balde ó autobús, así como o seu acompañante, sen necesidade de identificación. Se tes algunha dúbida sobre accesibilidade, podes poñerte en contacto connosco aquí.

Acceso escúteres e/ou vehículos PMR especiais

De acordo co establecido no Artigo 34: Acceso de persoas con mobilidade reducida do Regulamento Regulador do servizo público de transporte urbano colectivo de viaxeiros en autobús da cidade de Vigo para acceder ó transporte urbano con escúteres ou vehículos PMR especiais é necesario contar cunha tarxeta acreditativa habilitante.  
Requisitos das persoas usuarias solicitantes 

  • Persoas con discapacidade superior ó 33%, en cuxo certificado oficial fágase constar dificultade na mobilidade. 

  • Dimensións máximas do escúter/vehículo PMR especial: 1,30 metros de longo x 0,7 metros de ancho. 

  • Peso máximo admitido: a suma do peso do usuario/a e do escúter/vehículo PMR especial non pode superar os 300 kg. 

Responsive Image
Responsive Image

Documentación a aportar para a solicitude 

  • Formulario de solicitude debidamente cumprimentado. Descarga o formulario aquí.

  • Certificado oficial de discapacidade emitido polo organismo correspondente onde conste a porcentaxe e condición de dificultade na súa mobilidade. Dito certificado só se requirirá para a súa verificación. 

  • Ficha técnica do escúter ou vehículo PMR especial. 

  • Copia DNI/NIE. 

  • Fotografía tamaño carne do usuario/a. 

  • Fotografía do escúter ou vehículo PMR especial. 

Presentación da solicitude 
As solicitudes e documentos terán que ser presentadas debidamente a través do Rexistro Xeral do Concello de Vigo nunha das seguintes modalidades: 

  • Por internet, a través do sitio web https://sede.vigo.org/ 

  • De forma presencial, na oficina de Rexistro Xeral do Concello de Vigo. 

Xornada formativa 
Para acceder co escúter ou vehículo PMR especial no transporte urbano, debe superar previamente unha xornada formativa para verificar a aptitude e capacidade de manobra de colocación no espazo reservado para tal fin no autobús. De non superarse a proba, non se poderá emitir la acreditación. 

Acreditación para o acceso  
Unha vez autorizado o acceso con escúter ou vehículo PMR especial ó transporte urbano de Vigo, emitirase unha tarxeta acreditativa habilítante para acceder ós vehículos. Esta tarxeta debe exhibirse ó persoal de condución para acceder ó autobús. 
O usuario/a debe informar, baixo a súa responsabilidade, de calquera cambio que afecte ás condicións antes referidas, tanto persoais como do vehículo a través das canles antes referidas. 

Instrucións para a utilización do transporte urbano  

  • A persoa usuaria solicitará o funcionamento da rampla, pulsando o botón situado na porta central do vehículo. 

  • Unha vez dentro, deberá colocarse no espazo reservado para cadeiras de rodas. A posibilidade de acceso dependerá de que dito espazo non se atope xa ocupado por outros usuarios autorizados a tal uso e, en todo caso, cando a ocupación do vehículo non admita un acceso seguro. En vehículos con plataforma central dobre, situarase no espazo máis próximo á porta central.   

  • Debe adoptar tódalas medidas de seguridade establecidas (viaxando na contra sentido da marcha e cos sistemas de amarre adecuados para realizar a viaxe con seguridade, cos freos accionados e/ou baterías desconectadas).   

  • Debe solicitar colaboración do acompañante de levalo ou do resto dos viaxeiros para á identificación ante o noso persoal (exhibindo a tarxeta habilítante). 

  • A baixada do vehículo debe realizarse pola porta central, tras solicitar o funcionamento da rampla e esperando en todo caso a que a mesma atópese totalmente apoiada na beirarrúa e parada.  

  • O usuario/a é responsable de calquera tipo de dano que poida producir nos vehículos ou no resto de persoas usuarias por un uso incorrecto ou incumprimento da normativa. 

  • Recordase as persoas usuarias que o persoal de condución non pode abandonar o seu posto para asistir ás manobras de acceso, colocación, baixada ou validación de títulos.