spinner-avanza

CORTE TRÁFICO CARREIRA VIGO CONTRA O CANCRO 2024

Por mor da celebración da “Carreira Vigo contra o cancro 2024” que disputarase entre a Praza de América e a Avda. Europa, o próximo domingo 20 de outubro de 2024 dende as 07:00 horas ata as 12:30 horas (aproximadamente), produciranse cortes de tráfico que afectarán ás seguintes liñas:

DENDE PRAZA DE AMÉRICA DIRECCIÓN CASTELAO

C3d: Dende Praza América por: Rúa Coruña, Praza Eugenio Fadrique, Tomás Alonso, Camilo Veiga e Avda. Atlántida ata Samil.

C3i: Dende Tomás Alonso por: Camilo Veiga e Avda. Atlántida ata Samil.

L4A e L4C: Dende Praza América por: Avda. Florida, Padre Seixas e Porriño.

L5B: Dende Praza América por: Avda. Florida, Caramuxo e Teixugueiras. (Percorrido L5A).

L10: Dende Praza América por: Rúa Coruña, Praza Eugenio Fadrique, Tomás Alonso, Camilo Veiga e Avda. Atlántida.

L15A: Dende Praza América por: Avda. Florida, Padre Seixas, Porriño, Cañiza, Teixugueiras, Limpiño, Avda. Ricardo Mella, Muiños e Rúa do Río ata Samil.

 

DENDE AVDA. EUROPA/CASTELAO DIRECCIÓN PRAZA AMÉRICA

C3i: Liña C3i de Bouzas dende Samil por Avda. Atlántida, Tomás Paredes, Marín, Vilagarcía, Estrada, Lalín, Coruña e Gran Vía. A liña C3i de Coia sen desvío.

C3d: Liña C3d de Bouzas/Coia por Praza Eugenio Fadrique dende Samil por: Avda. Atlántida e Camilo Veiga. A saída de Bouzas das 9:05 realizarase con normalidade.

L5B: Dende Porriño por: Avda. Castelao e Praza América.

L10: Dende Tomás Paredes por: Marín, Vilagarcía, Estrada, Lalín, Coruña e Praza América.

C3i (De Coia), L4A, L4C e L15A sen desvío dende rúa Porriño ata a Praza de América.

L23 rematará na Avda. Florida, facendo cabeceira en Manuel de Castro, Nº10.

 

PARADAS ANULADAS

  • C3i: Dirección Samil: Tódalas de Tomás Paredes, Porriño, Eduardo Cabello, Pescadores, Avda. Europa e a de Tomás Alonso Nº 220. Dirección Encarnación: Tódalas de Avda. Europa, Eduardo Cabello e Alameda Suárez Llanos. Só para C3.i de Bouzas.
  • C3d: Dirección Samil: Tódalas de Avda. Castelao, Porriño, Tomás Paredes, Eduardo Cabello, Pescadores, Avda. Europa e a de Tomás Alonso Nº 220.
    Dirección Encarnación: Tódalas de Avda. Europa, Eduardo Cabello, Alameda Suárez Llanos, Porriño e Tomás Paredes.
  • L4A e L4C:  Tódalas paradas da Avda. Castelao e Porriño só en dirección Coia.
  • L5B: Tódalas paradas da Avda. Castelao, en dirección Navia. Tódalas paradas de Marín, Vilagarcía e Estrada, en dirección Teis.
  • L10: Tódalas da Avda. Castelao, en ambas direccións, e as de Tomás Paredes agás Tomás Paredes, Nº 4 e Nº 86.
  • L15A: Tódalas da Avda. Castelao, Porriño e Avda. Europa. (só as de dirección Samil). Parada provisional en Porriño (Cemiterio).
  • L23: Tódalas de Martín Echegaray.

Documentación:

• CORTE TRÁFICO CARREIRA "VIGO CONTRA O CANCRO 2024"

NOVO SERVIZO LANZADEIRAS FÚTBOL

Dende o sábado 19 de outubro producirase unha actualización do servizo de lanzadeiras de fútbol do seguinte xeito:

Documentación:

• NOVO SERVIZO LANZADEIRAS FÚTBOL

CORTE TRÁFICO RÚA ZAMORA

Por mor das obras na rúa Zamora, haberá un corte de tráfico a partir do luns 7 de outubro, dende as 08:30h ata o fin das obras, cunha duración aproximada de un mes.

 

  • Desvío:

Dende a Praza de América continuará pola Gran Vía ata a Praza de España.

Documentación:

• CORTE TRÁFICO RÚA ZAMORA

CORTE TRÁFICO TEIXUGUEIRAS

Por mor das obras na rúa Teixugueiras, haberá un desvío nas liñas con chegada a Teixugueiras / Pedra Seixa do seguinte xeito:

  • Desvío:

L5A: Dende Teixugueiras subirá ata a rotonda anterior á de Limpiño e dende ahí por Teixugueiras e Pedra Seixa.

L5B e N4: Dende a rotonda de Limpiño por Limpiño, Pedra Seixa, Poza Cabalo e Teixugueiras.

L13: Dende a rotonda de Limpiño subirá por Teixugueiras ata o cruce con rúa Lamelas e Teixugueiras, Limpiño, Pedra Seixa, Poza Cabalo e Teixugueiras.

  • Paradas anuladas:

Teixugueiras Nº 16, Nº 22 e Nº 28.

  • Paradas máis próximas:

Habilítanse duas paradas provisionais:

  • Rúa Limpiño antes da rotonda con Teixugueiras.
  • Poza Cabalo antes do cruce con Teixugueiras.

Documentación:

• CORTE TRÁFICO TEIXUGUEIRAS

SERVIZO NOCTURNO 2024

Dende o venres día 14 de xuño, o servizo Nocturno verase ampliado cas liñas N4 e C1, en venres, sábados e vésperas de festivo.

A liña N1 terá unha actualización nos seus horarios. Achéganse horarios das liñas:

Documentación:

• SERVIZO NOCTURNO 2024